..:: DIAdasLETRASGALEGAS.com ::..
Historia da Lingua
O Galego, A Lingua
Románica e Europea 
Romance
Hist. Língua Galega 
Letras Galegas
Historia 
Homenaxeados 
Monográficos 
Colaboracións
Enlaces
galiciaxigital.com 
galegos.info 
educacion.info 
culturagalega.info 
 MANUEL LUGRíS FREIRE - 2006
VIDA | OBRA | CRONOLOXÍA | SOBRE MANUEL LUGRÍS
  • 1880.- Compón a obra en castelán Nociones Generales de Mitología.
  • 1883.- Emigra a Cuba chamado polo seu irmán Plácido e alí traballa en distintas empresas entre as que figura Otamendi Amiel. Neste mesmo ano inicia as súas colaboracións na prensa americana aparecendo publicada a poesía Nostalxia no número 72 de "El Eco de Galicia".
  • 1884.- Accede como vocal ó Centro Galego da Habana e, a través do xornal "El Eco de Galicia" aparce a súa primeira peza teatral: A costureira d'aldea.
  • 1885.- É nomeado socio de honra do Liceo Artístico e Literario de Regla, e tamén accede como socio ó Casino Español de Gauanabacoa. É o mesmo ano en que funda o xornal mensual redactado íntegramente en galego "A Gaita Gallega", con Armada Teijeiro.
  • 1888.- Cambia de traballo e se integra na empresa Hermanos González y Cía que abandona dous anos despois para traballar na firma Urisandi Álvarez (1890).
  • 1894.- Publica na Habana Soidades. Versos en gallego que prologa Curros Enríquez a quen se homenaxea na Habana. Nel inclúe 28 poemas, algúns deles xa publicados en prensa, xunto co relato Os primeiros versos e o artigo "A fala gallega" xa publicado en "A Gaita Gallega" en 1885.

  • 1896.-
    Regresa a Galicia na compaña da súa dona, a cubana Concepción Orta.

  • 1897.- Nace a súa filla Socorro e participa como redactor no Regramento da Sociedade Liga Gallega na Cruña, en defensa dos intereses morais, materiais, políticos, económicos e sociais de Galicia.
  • 1899.- Manuel Lugrís queda viuvo ao falecer o 30 de abril a súa dona. Días antes participara na homenaxe da Liga Gallega aos Mártires de Carral. Pronuncia xa o primeiro discurso en galego.
  • 1901.- Sae á luz Noitebras. Poesías: un poemario adicado a súa primeira muller.
  • 1903.- Empeza a traballar na empresa Aguas de La Coruña, S.A. onde permanece ata que se xubila por enfermedade logo de chegar a ser secretario do Consello de Administración. Un ano importante por outros dous motivos: preséntase públicamente na Coruña a Escola Rexional de Declamación e publica o drama
    A ponte. Drama en dous actos en prosa. Dividido en tres cadros,
    e nace o seu fillo Manuel, logo do seu segundo matrimonio con Pura González Varela.
  • 1904.- Continúan as publicacións de dramas que se representan como
    Minia
    e
    Mareireas.
    Incorpórase como membro fundador da Asociación da Prensa da Coruña.
  • 1905.- Nacen dous novos fillos: Secundino e María do Pilar, e ingresa como membro fundador da Real Academia Galega.
  • 1906.- Publica o drama adicado a Andrés Martínez Salazar, Esclavitú.
  • 1907.- Participa na fundación de Solidaridad Gallega en representación da que pronuncia un discurso en Betanzos íntegramente en galego.
  • 1908.- Nace o seu fillo Urbano, publica en A Nosa Terra "La ofrenda ó los folletos verdes de don Pepiño. Sainete rápido".
  • 1909.- Publica Contos de Asieumedre.
  • 1910.- Estrea o drama Esclavitú.
  • 1916.- Participa na fundación da Irmandade da Fala da Coruña tralo chamamento de Antón Vilar Ponte.
  • 1917.- Publica a comedia O Pazo.
  • 1919.- Publica Versos de loita no suplemento do xornal "El Noroeste", e tamén a comedia Estadeíña.
  • 1922.- Publica a Gramática do Idioma Gallego.
  • 1923.- Ingresa no Seminario de Estudos Galegos pronunciando un discurso sobre Pondal.
  • 1927.- Publica o poemario Ardencias.
  • 1928.- Publica As Mariñas de Sada. Homenaxe á sociedade de Sada y sus contornos.
  • 1932.- Participa na comisión encargada de redactar o anteproxecto do Estatuto de Autonomía.
  • 1934.- É nomeado presidente da Real Academia Galega, tendo que renunciar a esta responsabilidade en 1935 por motivos de saúde.
  • 1940.- Falece o 15 de febreiro na súa casa da Coruña.