|
| |
 |
 |
NACEMENTO |
|
|
| [<][anterior]| 1 | | | |[][] |
O
documento literario máis antigo dos coñecidos
na actualidade é a cantiga satirica "Ora
faz ost'o senhor de Navarra" de Joam Soares de
Pavia, escrita contra o ano 1200. Dos comezos do século
XIII datan os primeiros documentos non literarios
en galego, a Noticia de Torto (1211) e o Testamento
de Afonso II de Portugal (1214), mostras da prosa
tabeliónica medieval.
Galicia constitúe xa desde o século
VlII unha unidade política cos reinos de Asturias
e León; isto non impide que chege a acadar
unha certa autonomía que lle permitiu conformarse
como reino independente en determinados momentos dos
séculos X, XI e XII.
Neste contexto o galego é a língua exclusiva
no uso oral, cunha competencia minguante do latín
na escrita. Ha se-la presión deste monolingüismo
oral o que leve no século XIII a unha situación
de cooficialidade entre o galego e o latín
nos documentos notariais, bandos, preitos, etc., aínda
que o latín segue a posuí-lo status
de
língua universal de cultura.
Esta é a etapa de maior esplendor da literatura
galega. O galego convértese na língua
por excelencia da lírica en case toda a Península.
Propiamente debemos falar de lírica galego-portuguesa,
posto que ata mediados do século XIV as dúas
línguas forman un tronco común.
O
galego atinxe agora o rango de língua internacional,
xa que está presente tanto na obra de literatos
de diversos países (galegos, portugueses, casteláns,
occitanos, sicilianos, etc.), coma en diferentes cortes
reais e señoriais (Santiago, Toledo, Coímbra,
Lisboa...).
As
Cantigas de Santa María, composicións
feitas en loanza da Virxe, son a mostra da vertente
relixiosa desta lírica galego-portuguesa e
constitúen o corpus de poesía mariana
medieval máis relevante de toda a Península.
Foron compostas na corte de Afonso X o Sabio, quen
se encargou da dirección e, en ocasións,
da propia elaboración. Exemplifican o prestixio
acadado polo idioma galego como língua literaria
a finais do século XIII.
En
comparanza coa lírica, a prosa literaria medieval
en galego é escasa e tardía. Cómpre
ter en conta que os centros culturais da época
eran os mosteiros e escolas monacais, nos que imperaba
o uso do latín eclesiástico. Aínda
así, a partir de finais do XIII, e máis
significativamente nos séculos XIV-XV, os temas
de maior difusión na Europa medieval recóllense
en língua galega. Mostra disto son os relatos
do ciclo bretón en torno á figura do
rei Artur; os textos referentes á historia
e destrucción de Troia, como a Historia Troiana
e a Crónica Troiana; e os Miragres de Santiago,
conxunto de relatos que contan desde a destrucción
de Xecusalén ata a milagrosa intervención
do Apóstolo en diferentes situacións.
Nesta época inclúense algúns
textos dentro da producción de prosa galega
que son traduccións ou translacións
doutras línguas con elaboración propia:
Crónica Xeral Galega, General Estoria, Crónica
Galega de 1404 e Crónica de Santa María
de Iria.
Desde
o século IX a língua falada no extremo noroccidental
da Península estaba tan diferenciada do latín,
que podemos considera-la existencia de dúas línguas:
latín e galego.
Sen
embargo non aparecerán textos escritos en galego
ata finais do século Xll, xa que o latin continuaba
a se-la língua de cultura dos documentos legais,
da liturxia e do ensino, non só na Gallaecia,
senón en toda a Europa medieval.
OS
SECULOS ESCUROS
Ó
final desta etapa medieval (s. XIV-XV), a máis
gloriosa das nosas letras, o idioma e a literatura
galega entran nun período de decadencia.
Diversos foron os factores que provocaron este progresivo
declive;entre eles cabe salientar: o asentamento no
noso país dunha nobreza estranxeira, Intransixente
coa cultura e coa língua de Galicia, que vén
substituír a unha nobreza galega derrotada
tras apoia-los perdedores nas loitas dinásticas
pola coroa de Castela, Pedro I e máis tarde(1475-1479)
Xoana a Beltranexa; a ausencia dunha burquesía
capaz de defende-los seus intereses e os do país;
a diminución da poLoación; a perda de
autonomía da Igrexa galega, etc.
Estes
feitos e a crecente política centralista e
intervencionista de Castela, afianzan gravemente o
proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade
e impiden a consolidación do galego como língua
literaria. Neste sistema centralizador aparece, xunto
ó concepto de "Estado nacional",
a necesidade de uniformización lingüística
como factor de cohosión da nova estructura
política.
Neste contexto político, a língua galega,
durante o longo penodo de tres séculos XVI,
XVII e XV111, denominados SÉCULOS ESCUROS
estivo ausente dos usos escritos. En contraste con
esta situación, outras variedades europeas,
entre elas o castelán e o portugués,
entran nun proceso de fixación e codificación,
que lles confire a categoria de línguas de
cultura. A pesar deste progresivo desprestixio, o
galego segue a se-la vía normal de comunicación
de case a totalidade da poboación.
O exclusivo uso oral carrexou a dialectalización
e a fragmentación do idioma e, xa que logo,
a súa consideración como língua
aliteraria, incapacitada para a ciencia e a cultura.
A nosa literatura queda así á marxe
do Renacemento e do Barroco, coincidindo esta etapa
escura das nosas letras co Século de Ouro da
literatura castelá. Así e todo posuímos
algunhas cartas, documentos e escasas mostras literarias
que nos dan unha mostra da língua da época.
Paralelamente a este baleiro de literatura erudita,
pervive a vea da lírica popular en forma de
cantigas de berce, de cego, entroidos, adiviñas,
lendas, romances, contos, farsas, etc. Moitos deles
chegaron ata hoxe por transmisión oral.
|
| [<][anterior]| 1 | | | |[][] |
|
|
|