No
século XVIII, xorden as voces de denuncia dos
chamados "ilustrados", que demostran a súa
inquedanza polo subdesenvolvemento de Galicia e ofrecen
propostas renovadoras da vida económica, social
e cultural. Créanse organismos como as Sociedades
Económicas de Amigos do País e a Academia
de Agricultura do Reino de Galicia.
Entre este minoritario grupo de intelectuais, despunta
con forza a figura do Padre Frei Martín Sarmiento,
personaxe polifacético (naturalista, linguista,
bibliófilo...) que defendeu o uso do galego
no ensino, na Administración e na Igrexa, isto
é, a súa normalización como língua
propia dos galegos.
Participan
tamén o Padre Feixoo, primeiro en rexeita-la
condición de "dialecto" para o galego,
e o Padre Sobreira, continuador do labor lexicográfico
de Sarmiento. A súa obra constituíu
a primeira chamada de atención cara a unha
problemática lingüística que se
ha manifestar en toda a súa extensión
na segunda metade do XIX. "Rexurdimento"
é o nome con que se coñece o movemento
de rexeneración da nosa cultura que tivo lugar
ó longo do século XIX. Este termo expresa
nitidamente o que foi unha traxectoria de recuperación
non só literaria, senón tamén
cultural, política e histórica.
Participan
tamén o Padre Feixoo, primeiro en rexeita-la
condición de "dialecto" para o galego,
e o Padre Sobreira, continuador do labor lexicográfico
de Sarmiento. A súa obra constituíu
a primeira chamada de atención cara a unha
problemática lingüística que se
ha manifestar en toda a súa extensión
na segunda metade do XIX. "Rexurdimento"
é o nome con que se coñece o movemento
de rexeneración da nosa cultura que tivo lugar
ó longo do século XIX. Este termo expresa
nitidamente o que foi unha traxectoria de recuperación
non só literaria, senón tamén
cultural, política e histórica.
Ó
longo do século, trala caída doabsolutismo
e o inicio da monarquía constitucional, nacen
diversos movementos galeguistas baseados na defensa
da singularidade e da personalidade diferenciada deGalicia.
O primeiro
deles, aparecido contra os anos 40, foi o Provincialismo,
que denunciaba a marxinación social do país
e procuraba a valoración social da súa
arte, dos costumes e da historia. Os provincialistas
víronse apartados da política despois
do seu apoio ó fracasado levantamento militar
de Solís,que tivo como consecuencia o fusilamento
dos Mártires de Carral, e refuxiáronse
no mundo da cultura e da literatura.
A
segunda xeración galeguista, o Rexionalismo,
compaxinou cultura e política, facendo da língua
a súa preocupación primordial.
A gaita gallega (1853), de Xoán Manuel Pintos,
constitúe o primeiro libro da literatura galega
contemporánea.
En 1861 celébranse na Coruña os primeiros
Xogos Frorais. As composicións premiadas, xunto
con mostras da poesía contemporánea,
recóllense un ano máis tarde no Álbum
de la Caridad, primeira antoloxía do Rexurdimento
galego.
A
publicación en 1863 de Cantares gallegos,
primeira obra escrita integramente en galego por Rosalía
de Castro, inaugura o Rexurdimento pleno. Ó
longo desta etapa publícanse na nosa língua
tanto poesía como prosa, aínda que o
ano máis fructífero para a literatura
galega foi sen dúbida 1880. Nesta data saen
á luz composicións dos autores de máis
sona do momento: Follas novas de Rosalía de
Castro, Aires da miña terra de Curros Enríquez,
e Saudades gallegas de Lamas Carvajal. Seis anos despois
aparece Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal.
Entre
todos estes escritores, Rosalía de Castro transcende
coa calidade da súa obra as nosas fronteiras
para se incorporar á historia da literatura
universal. Os seus versos teñen sido obxecto
de múltiples estudios e traduccións
a diversas línguas.
 |
| José
Fontenla Leal |
Os
lindes da nosa literatura vanse ampliando de vagar
desde a lírica ata a narrativa, o ensaio e
a prosa didáctica.
A consolidación
da prosa galega non se produce ata o século
XX, mais a finais do XIX hai xa precedentes salientables,
como Maxina ou a filla espúrea, (1880) de Marcial
Valladares, primeira novela galega contemporánea.
Obra de grandesona entre as clases populares foi O
catecismo do labrego de Lamas Carvajal, obra de crítica
social en clave de humor, que coñeceu trece
edicións en vida do autor. Tal vez o mellor
prosista da época foi Antonio López
Ferreiro, autor de tres importantes novelas: A tecedoira
de Bonaval, O Castelo de Pambre e O niño de
Pombas.
 |
| Manuel
Curros Enríquez |
O xénero
teatral foi o menos cultivado. Desde a publicación
de A casamenteira en 1812 ata a década dos
oitenta non houbo actividade editorial relacionada
co teatro.
A presencia da língua galega nos xornais contribúe
grandemente a prestixia-lo idioma. No ano 1876 edítase,
promovido por Valentín Lamas Carvajal, o pioneiro
dos xornais integramente en galego, O tio Marcos da
Portela.
O éxito
deste xornal, con marcado carácter anticaciquil,
resultou espectacular. Entre os anos 1886 e 1888 vaise
consolidando o xornalismo en Galicia, coa aparición
de novas iniciativas monolingues: O Galiciano, en
Pontevedra; en Lugo, A Monteira; e As Burgas, en Ourense.
 |
| Manuel
Martínez Murquía |
Os
autores do Rexurdimento descoñecen a existencia
da rica tradición lírica medieval galega.
Escriben co convencemento de que son os iniciadores
do cultivo literario do idioma. Carecen, polo tanto,
dunha normativa idiomática o que os obriga
a partir dos usos orais.
Nas últimas décadas do XIX nacen as
primeiras gramáticas e diccionarios da língua
galega, esenciais para a súa normalización:
Compendio de gramática gallega-castellana,
de Francisco Mirás (1864); e Gramática
Gallega, de Saco e Arce, o primeiro estubio serio
do idioma galego.
Unha
das últimas manifestacións do Rexurdimento,
xa no século XX, foi a constitución
da Real Academia Galega (1905).
Chegada a fin do século XIX constátase
unha recuperación do galego como idioma literario,
cultural e histórico; asemade faise patente
un descenso no nivel de uso oral. A língua
galega non vive aínda ucha situación
normalizada e iso provoca un retroceso en medios sociais
(clases altas e medias) e en ámbitos xeográficos
concretos (urbanos).